San Salvador de Bastavales, Brión
San Salvador de Bastavales | |
---|---|
Igrexa de San Salvador de Bastavales. | |
Concello | Brión[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°50′03″N 8°39′48″O / 42.8341, -8.6634 |
Área | 2,2 km² |
Poboación | 239 hab. (2018) |
Densidade | 108,64 hab./km² |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Salvador de Bastavales é unha parroquia que se localiza no sueste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 239 habitantes (124 mulleres e 115 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 242 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]No lugar de Cirro descubriuse na década de 1960 unha vila romana. Atopáronse restos do hypocaustum (forma de calefacción) con pavimentos de baldosas de barro vermellas e o comezo das pilastras de ladrillo cadrado.
No ano 1851 San Salvador de Bastavales deixou de existir como parroquia, sendo repartida entre San Xulián de Bastavales (os lugares de Soutullos e San Salvador) e Santa María dos Ánxeles (o resto dos lugares).
No ano 1908 xa existía o Centro Social, Agrícola e Pecuario de Bastavales. En 1933 constituíuse o Sindicato Republicano agrícola e pecuario de San Xulián e San Salvador de Bastavales, que tiña sede propia no lugar de Soutullos. O edifico foi restaurado recentemente polo concello.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de San Salvador de Bastavales.
-
Cruceiro.
-
Estrada no val de Bastavales.
-
Bolboreta.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Salvador de Bastavales
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Salvador de Bastavales no concello de Brión (A Coruña) | |
---|---|
Cirro | Gándara | Reboredo Pequeno | San Salvador | Soutullos |
Parroquias de Brión
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- San Salvador de Bastavales na web do concello de BriónArquivado 25 de decembro de 2013 en Wayback Machine.